O Concello financia o programa do Instituto de Estudo Vigueses cunha subvención de 36.000 euros
O Concello entregaralle unha subvención de 36.000 euros á Fundación Provigo para o financiamento do programa do Instituto de Estudos Vigueses para 2005, segundo o convenio asinado polo concelleiro de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves.
O concelleiro da Área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, e o director xerente da Fundación Provigo, Pablo Conde Barreras, asinaron hoxe martes un convenio polo que o Concello se compromete a entregarlle a esta entidade unha subvención de 36.000 euros.
O obxectivo deste acordo é financiar o programa de actividades e funcionamento do Instituto de Estudos Vigueses, órgano cultural da Fundación Provigo, durante o ano 2005. As liñas xerais do programa consisten na edición de publicacións, a continuación do desenvolvemento dun proxecto de Centro de Documentación da Historia de Vigo e a realización dun ciclo de conferencias.
Ignacio López-Chaves, que salientou o "importante labor" do Instituto na "divulgación da nosa historia", dixo que "hai que apoiar as institucións que promoven o orgullo de ser vigués". Neste sentido, o concelleiro afirmou que, grazas á colaboración do goberno municipal, "o Instituto de Estudos Vigueses ten garantida a súa viabilidade económica".
O programa de actividades obxecto do convenio asinado hoxe inclúe a edición dos libros "Catálogo de Vigo", "Fuxidos y Guerrilleiros de la comarca de Vigo", "Sociedad y poder municipal. Vigo 1640/1835, así como a posta en marcha do Centro de Documentación Histórica de Vigo e diversas conferencias-coloquios.
Descargar todas as imaxes