Concello e Aida asinan un protocolo para regularizar á venta ambulante en Samil dotándoa dun espazo propio
Os vendedores ambulantes poderán ocupar os 106 postos que se habilitarán na explanada anexa á caseta da Cruz Vermella. Ditos postos, de 3 x 1,5 metros, cubrirán as necesidades dos vendedores vigueses.
A alcaldesa Corina Porro e o representante da Asociación para a integración e o desenvolvemento do Africano (Aida), Ibrahima Niang, asinaron un protocolo de colaboración para a reubicación dos comerciantes que ocupaban o paseo de Samil cos seus postos ambulantes, nunha explanada habilitada para eles xunto á caseta da Cruz Vermella. Deste xeito, os comerciantes verán regularizada a súa actividade ocupando o espazo anexo á caseta, que contará con 106 postos de 3 metros de lonxitude por 1,5 metros de anchura.
Corina Porro dixo que con este acordo gañaban todos, "os cidadáns que recuperaban o paseo de Samil, os comerciantes que regularizan a súa actividade e os representantes de ambas partes, que solucionan o problema por medio do acordo e do diálogo". A alcaldesa recordou que o primeiro convenio con Aida asinouse con ela como concelleira de Benestar Social e que a sociedade viguesa ten que loitar pola integración dos inmigrantes que elixen esta cidade para vivir, da mesma maneira que Vigo foi noutro tempo porto de partida da emigración galega. "Para integrar a un pobo hai que coñecelo, a súa cultura e os seus costumes, demostrando que a poboación viguesa é aberta e cosmopolita", dixo.
Ibrahima Niang celebrou a sinatura deste convenio que, aínda que non soluciona o problema absolutamente, xa que algúns poderían quedar fóra, si que é importante para unha gran maioría e que o colectivo que representa quere traballar "en clave de cidade", facilitando tamén a labor dos políticos. Segundo Ibrahima a venta ambulante non representa os planes de futuro do colectivo na cidade pero pensa que deben axudar aos compatriotas que elixiron este camiño para alimentar ás súas familias. Por último, o representante de Aida pediu indulxencia e flexibilidade ás autoridades para que se outros comerciantes queren incorporarse poidan facelo sen sobresaltos.
Descargar todas as imaxes