Xunta e Concello propoñen que Vigo conte cunha liña de metro en 2009
A alcaldesa, Corina Porro, e o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, presentaron en Vigo a proposta deste último de implantar unha liña de metro na nosa cidade, co ano 2009 como horizonte.
Corina Porro, para quen "a mobilidade é unha cuestión fundamental para Vigo", asegurou que o seu goberno quere "sentar as bases para crecer como cidade, tendo en conta a necesidade de compatibilizar o tráfico rodado cun espazo de servizos". A alcaldesa afirmou que o metro "mellora a accesibilidade e a mobilidade, libera espazos, reduce a contaminación e é seguro e rendable".
Pola súa banda, Alberto Núñez Feijóo defendeu a súa proposta argumentando que "as cidades sen metro teñen menos posibilidades de expandirse". O conselleiro engadiu que "a capital dunha eurorrexión de seis millóns de habitantes necesita uns servizos que a distingan". Para Núñez Feijóo, "a proposta supón que os arredor de 500.000 habitantes de Vigo e a súa área metropolitana contarán cun transporte con mellor accesibilidade, conectando os tráficos interurbanos cun transporte áxil dentro da cidade e que buscará unha solución aos tráficos urbanos".
Segundo os estudos da Xunta, cada día acceden a Vigo 70.000 vehículos, ben pola autoestrada do Atlántico a trávés da ponte de Rande, ou a través de Puxeiros ou Redondela. A isto sómase un elevado índice de motorización privada, que sitúa o total de vehículos da cidade en arredor de 150.000. Con estes datos, o trasporte privado abrangue o 70% dos viaxeiros en Vigo, fronte ao 20% do trasnporte público. Ademais, o número de viaxeiros que chegan á estación marítima é duns 1.090.000, mentres que os que o fan en tren son cerca de 1.130.000 e os que acceden en autobús son uns 5.150.000.
Todas estas cifras fan que a Xunta considere necesario conectar os tráficos interurbanos cun transporte áxil dentro da cidade. O gran volume de tráfico dentro da cidade leva a administración autonómica a supor convenientes solucións ao tráfico urbano a través dunha rede de metro.
A proposta presentada hoxe é a dunha liña de metro de 8,7 kilómetros, que podería ampliarse en 5,3 kms. A primeira liña partiría do Berbés e iría cara á estación da ría, a sede da Xunta, Areal, Isaac Peral, Renfe, Gran Vía, praza de España, Gran Vía-A Salgueira, praza América, A Florida, A Bouza e Navia. Dos 8,7 kms desta liña, 6,8 serían subterráneos e 1,9 discorrerían por superficie.
O tempo de cada percorrido sería de 17 minutos e os vehículos, 12 en total, pasarían cunha frecuencia de seis. A Xunta estima que esta liña contaría con 30.000 viaxeiros en 2009 e que o investimento necesario para a súa posta en marcha sería de 355,9 millóns de euros, custando a súa explotación e mantemento outros 9,11 millóns.
A Xunta de Galicia presenta unha concesión administrativa para a redacción do proxecto, construcción e explotación da liña por un total de 35 anos. O 65% do custo da construcción de liña, descontando o material móbil, recaería en diversas administracións. Así, os fondos europeos suporían un 20% (71,18 millóns de euros) e igual cantidade proviría dos fondos do Estado. Outro 20% sería achegado pola Xunta, mentres que o Concello colaboraría cun 5% (17,8 millóns de euros). A Xunta calcula que a tarifa media do billete de metro sería de 0,75 euros. Neste sentido, Alberto Núñez Feijóo lembrou que "o Estado financia todas as cidades con metro".
A administración autonómica espera poder ter adxudicado o concurso de proxecto de obra en novembro de 2006, co cal as obras de construcción do metro se iniciarían en decembro de 2007 e a liña 1 sería posta en servizo no segundo semestre de 2009.
Descargar todas as imaxes