Abertal e o colexio Saladino Cortizo organizan un campamento urbano para nenos discapacitados
A asociación Xuvenil Abertal e a concellería de Benestar Social asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades de lecer con rapaces. Parte do convenio supón a organización dun campamento urbano no pavillón do Carme para nenos con discapacidade e dificultades de integración.
A concelleira Marta Iglesias e o presidente da asociación Xuvenil Abertal asinaron hoxe venres un convenio de colaboración por un custo de 16.000 euros que desenvolve unha serie de actividades de lecer para os rapaces cos que está a traballar o Servizo de Infancia e Familia. Este servizo que atende a menores e familias en situación de risco tenta artellar unha estructura que traballe a problemática dos menores dun xeito integral polo que precísanse outras estructuras complementarias que leven a cabo accións que consoliden a labor iniciada cos menores.
Os destinatarios do proxecto son os menores que conforman o grupo de risco determinado polo Equipo de Intervención do Programa de menores. A finalidade do convenio é desenvolver, por un período de tempo que non exceda do 31 de decembro de 2005, unha serie de actividades centradas no ocio e o tempo de lecer supervisadas sempre por educadores cualificados e polos profesionais do Equipo de Infancia e Familia.
O orzamento específico para o proxecto de apoio ao menor é de 13.000 euros e os 3.000 restantes costearán os gastos que supoña a organización dun campamento urbano específico para nenos e nenas con discapacidade psíquica con dificultades de integración, organizado conxuntamente polo colexio de Educación Especial Saladino Cortizo e Abertal. Levarase a cabo do 18 ao 22 de xullo na sala anexa á piscina do pavillón do Carme en horario de 9 a 14 horas. Vai dirixido a nenos e mozos de 9 a 14 anos e se ofertan un total de 15 prazas.
Este campamento ven a cubrir un baleiro nas actividades que se organizan para os nenos e nenas que, polas súas necesidades especiais é difícil integralos nas actividades ordinarias, actividades que precisan como calquera neno. Supón tamén un tempo de respiro para as familias e coidadores destes rapaces.
Descargar todas as imaxes