Escoitar

Daniel de Castro gaña o concurso de carteis das "Festas do Cristo da Victoria"

Daniel de Castro Pedrouzo é o gañador do concurso de carteis que anunciará as Festas do Cristo da Victoria. O xurado reunido na mañá do xoves revisou un total de 29 traballos presentado para esta edición.

venres, 10 xuñ 2005
1118406920cartelfiestas.jpg
Cartel gañador
O nome do cartel gañador presentouse baixo o lema "Neno na festa" e o seu autor recibirá un premio en metálicos de 2.500 euros.

O xurado estivo presidido polo concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves e tivo como vocais aos deseñadores gráficos Pablo Solla e Antonio Doñate e a xornalista Pilar Martínez.

Ao longo do mes de xullo montarase unha exposición pública con todos os carteis presentados á edición IX do Concurso de Carteis das "Festas do Cristo da Victoria".
Descargar todas as imaxes