Escoitar
Anuncio Festas e Animación Sociocultural

VI ensalzamento do traxe galego <br />

<br />

venres, 10 xuñ 2005
A Concellaría de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo organiza, coa colaboración da Escola Municipal de Danza e El Corte Inglés, o "VI ensalzamento do traxe galego" que se vai levar a cabo o 18 de xuño, a partir das 21.00 horas, na praza do Berbés.

Por este motivo, comunícaselles a todas aquelas persoas interesadas en tomar parte neste evento que poderán realizar a súa solicitude de inscrición na secretaría da Escola Municipal de Danza (Casa do Concello, 1º soto) ou ben por fax (986. 810167/ 986.221666) ata o 16 de xuño.