A praza Elíptica será escenario dunha exhibición de capoeira con motivo do I Evento Internacional deste deporte
Unha exhibición libre na praza Elíptica o vindeiro mércores e outra no auditorio dos Salesianos o xoves darán a coñecer este deporte orixinario de Brasil entre a poboación viguesa.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe o I Evento Internacional de Capoeira, que ten a finalidade de dar a coñecer este deporte á gran maioría da poboación. O grupo de capoeira Nago vai celebrar dúas exhibicións o mércores 15 na praza Elíptica e o xoves 16 no auditorio dos Salesianos, ambas citas ás 20,30 horas.
A capoeira é un proceso dinámico e coreografiado que se desenvolve entre dous compañeiros e se caracteriza pola asociación de movementos executados por un ritmo, rexido polo toque do berimbau, un instrumento tradicional que consiste nun arco e unha corda. Os combatentes simulan intencións de ataque e defensa exhibindo a súa habilidade, forza e autoconfianza, pretendendo amosar unha superioridade fronte ao compañeiro.
A capoeira foi creada polos escravos africanos levados a Brasil na época colonial e está estreitamente relacionada coa necesidade de liberdade que estes tiñan. Os movementos eran adquiridos da imitación dalgúns animais e da malicia que observaban dos brancos, segundo conta a lenda deste deporte.
Descargar todas as imaxes