Benestar Social colabora coas Fillas de Mª Inmaculada para apoiar rapaces necesitados
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, asinou un convenio co centro educativo das Fillas de María Inmaculada para o desenvolvemento de accións de apoio dirixidas en especial a adolescentes e preadolescentes.
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Benestar Social, está a traballar dende hai tempo en programas de prevención de conductas de risco e inadaptación social, con diferentes colectivos e, particularmente, polo interés que ten neste momento diante das problemáticas sociais que representan, cos máis novos, a través do seu Servizo Municipal de Infancia e Familia.
Na Concellería de Benestar Social, dende hai varios anos, en canto á colaboración con diversas entidades que traballan a prol da prevención e incorporación social dos grupos desfavorecidos, estanse a desenvolver accións nos campos familiar, da inserción social e laboral.
A través deste convenio artellaranse medidas de apoio de carácter educativo, que complementen as que xa se están a desenvolver, e particularmente dirixidas a adolescentes e preadolescentes.
Neste centro educativo desenvolverase un labor de apoio educativo e escolar dirixido aos rapaces adolescentes e pre-adolescentes, desde unha perspectiva de educación en valores, con especial atención aos que teñen algunha carencia de tipo sociofamiliar e con persoal formado no campo da intervención social e educativa.
Poranse en marcha accións e medidas complementarias no ámbito do traballo educativo e de apoio escolar con nenos que cursan a Educación Secundaria Obrigatoria (de 12 a 16 años) derivados polos profesionais do Servizo de Infancia e Familia.
En canto ao orazamento do programa, este convenio suporá un custo para o Concello de Vigo de 4.800 euros, cantidade que engloba todos os gastos correspondentes ás actividades, incluído persoal. O convenio estará en vigor ata o 31 de decembro de 2005.
Descargar todas as imaxes