luns, 13 xuñ 2005
A alcaldesa, Corina Porro, e o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, presentaron en Vigo a proposta deste último de implantar unha liña de metro na nosa cidade, co ano 2009 como horizonte.
luns, 13 xuñ 2005
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, asinou un convenio co centro educativo das Fillas de María Inmaculada para o desenvolvemento de accións de apoio dirixidas en especial a adolescentes e preadolescentes.
luns, 13 xuñ 2005
As entradas para asistir ó concerto que ofrecerán o día 2 de xullo no Auditorio do Parque de Castrelos "Hombres G y El Canto del Loco" xa están á venda. O concerto está incluido na programación das Festas do Cristo que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural.
luns, 13 xuñ 2005
Unha exhibición libre na praza Elíptica o vindeiro mércores e outra no auditorio dos Salesianos o xoves darán a coñecer este deporte orixinario de Brasil entre a poboación viguesa.
luns, 13 xuñ 2005
A concellería de Cultura presenta na Casa das Artes a exposición de fotografías co título "Porto Meu" de João Menéres que se organiza xunto coa Câmara Municipal do Porto e colabora o Instituto Camões.