Actividades para nenos na Biblioteca Central no verán

mércores, 16 xuñ 2004

A Biblioteca Central , situada no Casco Vello, organiza os meses de xullo e agosto unha actividade co nome de "Bibliocampamento" destinado a nenos e nenas de 4 e 9 anos.O programa inclúe contos, xogos, e manualidades. As actividades son gratuítas.

Concerto da pianista Grace Nikane no ciclo Xeración 200+4

mércores, 9 xuñ 2004

Coa actuación da pianista Grace Nikane o xoves, día 10, continua a programación do ciclo de música de novos intérpretes Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura co patrocinio de CaixaGalicia. O concerto terá lugar ás 20:30 horas no salón do conservatorio superior de música de Vigo.

O Concello cederá un edificio na rúa Mestres Goldar para a creación do "Fogar do Músico"

mércores, 9 xuñ 2004

O Concello iniciará os tramites para a cesión dos locais dunha escola taller municipal situada na rúa Mestres Goldar número 22 para a creación do "Fogar do Músico". Este compromiso asumiuno a alcaldesa, Corina Porro, no transcurso dunha reunión que mantivo esta mañá con representantes da Federación de Bandas Populares de Música, representantes das Corais e da orquestra Sinfoneta. Na reunión a alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.

Amplíase o horario da Biblioteca Central

luns, 7 xuñ 2004

A Biblioteca Central amplía o seus horarios de apertura desde o 7 e ata o 30 de xuño por mor da época de exámenes. Deste xeito o novo horario será ate as 22 horas de luns a venres e de 16 a 21 horas os sábados .

Presentado o ciclo de "Música Sacra"

venres, 4 xuñ 2004

O Renacemento o Barroco centran novamente o repertorio do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura co patrocinio da Fundación CaixaGalicia. Os concertos terán lugar os días 12, 19 e 21 de xuño ás 21.00 horas na concatedral San María de Vigo, con entrada libre ata completar a capacidade.

A Deputación aporta 24.000 euros á Fundación Laxeiro para difundir a obra do pintor

xoves, 3 xuñ 2004

A alcaldesa de Vigo en calidade de presidenta da Fundación Laxeiro, Corina Porr e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron esta mañá un convenio que permitirá promover e difundir a obra do artista José Otero Abeledo, Laxeiro, e apoiar o traballo dos novos talentos galegos a través dunha achega de 24.000 euros. Este acordo permitirá o desenvolvernento de actividades culturais como exposicións, obradoiros didácticos e actividades divulgativas que teñen por obxectivo dinamizar a vida cultural e artística da provincia de Pontevedra.

O MARCO recibe 100.000 visitas desde a súa apertura

xoves, 3 xuñ 2004

A presidenta da Fundación Marco, Corina Porro, e o presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán , asinaron hoxe un convenio, dotado con 150.250 euros, que ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades culturais de investigación, educación, formación, conservación, exhibición e difusión da arte e a cultura contemporáneas.