Comenzan as proxeccións do ciclo "cine y casi cine" no Marco

xoves, 4 mar 2004

O Museo de Arte Contemporáneo inicia o venres, 5 de marzo, o ciclo "Cine y casi cine" coa proxección dos títulos "The Lost Film" , Europlex e Vacances. O ciclo que durará todo o mes de marzo pretende ser un reflexo da heteroxeneidade da arte e do panorama audiovisual contemporánea ó reunir películas non narrativas, anti-documentais e documentais subxectivos que amosan voces e culturas diversas.

Programación de cine no MARCO

mércores, 3 mar 2004

A directora do Marco, Carlota Álvarez Basso, presentou a programación do ciclo "Cine e Casi Cine" que se celebrará no Museo durante o mes de marzo e que produce o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía . Segundo palabras da directora do Marco o ciclo é un xeito de ver novas formas de representación audiovisual, un reflexo do panorama audiovisual contemporáneo que reúne películas non narrativas, antidocumentais e documentais subxetivos que amosan voces, culturas e linguas diversas.

Avance das exposicións da Concellería de Cultura

venres, 20 feb 2004

O Concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou o avance das exposicións que programa o seu departamento para os vindeiros meses. O Museo de Quiñones de León acollerá a exposición "Castrelos inédito.Obras en reserva do museo municipal de Vigo". Na Casa das Artes poderanse ver as exposicións "Vigo na súa Reconquista. Feitos e personaxes", "Plein Mer" ( fotografías de Jean Gaumy),"Galicia, camiño celeste" e "Galicia dixital".

A banda do Rosal recibe ó recoñecemento do ARE-MORE

mércores, 11 feb 2004

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, entregou unha placa do Festival de Música Are More á Banda de Música do Rosal en recoñecemento ao traballo e traxectoria da devandita agrupación musical. José Vicente, director da banda, agradeceu ao Concello de Vigo a homenaxe e o labor que fai para potenciar a música tradicional.

Cultura estudia rebaixar o prezo da entrada ao Verbum

martes, 27 xan 2004

Analizar a situación dos museos de Vigo foi o obxectivo da xuntanza que mantivo hoxe o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, cos responsables técnicos dos museos municipais e das oficinas de Cultura e Patrimonio Histórico do Concello. Na reunión tratouse a necesidade de rebaixar o prezo das entradas do Verbum o que implicaría a modificación da ordenanza o que regula.

A colección Fotográfica do Concello de Vigo exponse no Marco

venres, 23 xan 2004

O Museo de Arte Contemporánea acolle dende hoxe e ata o 14 de marzo a exposición titulada "O Feito Fotográfico" que é un achegamento á actividade fotográfica desenvolvida na cidade de Vigo no período 1984-2000, a través da Fotobienal e das programacións da Sala dos Peiraos (1985-1991) e da Casa das Artes (1991-1992), organizadas polo Concello de Vigo en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos, e comisariadas por Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal.