Exposición sobre a colección Fotográfica do Concello de Vigo

xoves, 22 xan 2004

O venres 23 de xaneiro ás 20:00 inaugúrase no MARCO a exposición " O feito fotográfico. A Colección Fotográfica do Concello de Vigo (1984-2000)", que pretende ser un achegamento ás actividades organizadas polo Centro de Estudos Fotográficos en colaboración co Concello de Vigo durante o citado período.

Exposición de serigrafía galega

luns, 29 dec 2003

A Casa das Artes acolle do 29 de decembro ao 8 de febreiro a exposición "Tintas Galegas" sobre a "serigrafía gallega" de Álvaro Álvarez Blázquez e que inaugura esta tarde o concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves.

"Teis : memoria histórica dunha parroquia"

martes, 23 dec 2003

O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou o libro que leva por título " Teis : memoria histórica dunha parroquia do litoral (Vigo/Lavadores)" escrito por Juan Miguel González Fernández a iniciativa da Asociación de Veciños de Teis.

Concerto de clausura do ARE-MORE a cargo da Teresa Berganza

xoves, 18 dec 2003

A mezzosoprano Teresa Berganza clausura o ciclo de música ARE-MORE organizado pola Concellería de Cultura e que se desenvolveu desde o mes de outubro. O concerto terá lugar o venres, día 19, ás 20.30 horas , no cine Fraga Caixa Galicia. Berganza estará acompañada de José María Garrardo Rey.

Concerto do cuarteto do corda "Manuel Palau"

mércores, 17 dec 2003

O xoves ás 20.30 horas e no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo vai ter lugar o quinto concerto do XVII Ciclo de Intérpretes Internacionais organizado por Xuventudes Musicais de Vigo, e patrocinado pola Concellería de Cultura. Actuará o cuarteto de corda "Manuel Palau" que interpretará un programa con obras como Cuarteto de Corda, en Fa maior, Op. 96 (Cuarteto Americano) de Antonin Dvorák e o Cuarteto de Corda, en Re menor, Op Póstumo ( A morte e a Doncela) de Franz Schubert. O concerto será con carácter aberto e gratuíto.

Concerto de piano e violín no ARE-MORE

xoves, 11 dec 2003

O ciclo de música ARE-MORE ofrece o venres, día 12, un concerto de piano e violín a cargo de Katia e Marielle Labeque e Gautier e Renaud Capuçon. O concerto será ás 20.30 horas no cine Fraga Caixagalicia.

"ADOLESCENTES: cine e vídeo para/sobre mozas e mozos"

xoves, 11 dec 2003

O Marco inicia o venres unha programación audiovisual sobre os adolescentes. Unha proposta de vídeo e cine sobre a adolescencia, con traballos que deconstruyen desde dentro os tópicos da cultura teen, que se atreven a dar voz ós protagonistas, e onde o tema se aborda desde o interior e sen xuízos de valor.