O "Día do marqués" achegará aos máis pequenos a época da cesión do Pazo de Castrelos

venres, 10 dec 2004

O próximo día 12 cúmprese o 80 aniversario da doazón do Pazo de Castrelos por parte do marqués de Alcedo. Para conmemorar este evento, o Concello, en colaboración coa Fundación Igual Arte, celebra o domingo o "Día do marqués". Será esta unha xornada dirixida especialmente aos máis pequenos, con contacontos e xogos que pretenderán recrear a época da cesión do museo.

O Pazo de Castrelos acolle o espectáculo teatral "Ó carón do lume"

xoves, 9 dec 2004

Contos de trasgos e ladróns, santos e aparecidos da Galicia tradicional, extraídos dos libros "Á lus do candil", de Ánxel Fole, e "Jardín Umbrío", de Ramón del Valle-Inclán. Isto é o que ofrece o espectáculo teatral "Ó carón do lume", a cargo do actor Javier Veiga. Será no Pazo de Castrelos, hoxe, mañá e o sábado ás 20:30.

A pintura de Antonio Heredero exponse na Casa das Artes

venres, 3 dec 2004

O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, acudiu hoxe á inauguración da exposición "Luz e cor", do pintor Antonio Heredero. O acto, que tivo lugar na Casa das Artes, contou cunha grande asistencia. A exposición permanecerá aberta ata o próximo 9 de xaneiro.