Escoitar

Castrelos programa visitas didácticas sobre a exposición de Goya

O Museo "Quiñones de León" organiza do 12 ao 29 de abril un programa didáctico sobre a exposición "A mirada de Goya" que se amosa no devandito espazo municipal.

luns, 11 abr 2005
1113214685goya.jpg
Dada a importancia da figura de Goya e ó interese que suscita, o museo oferta un programa didáctico para que os escolares e o público en xeral poidan achegarse e coñecer a figura do xenial pintor, os acontecementos históricos da axitada España do século XVIII e os problemas e situacións do home refléctidos nos seus gravados, cheos de esceas e temas que continúan vixentes na actualidade.

O programa vai dirixido ós docentes é alumnos da ESO é as diversas asociacións veciñais ou doutra índole da nosa cidade. As visitas realizaranse de martes a venres cun horario de 10,00 h a 13,00 h.

Descrición do programa

As imaxes dos gravados goyescos e a visión do artista como "reporteiro gráfico" da España de finais do século XVIII e principios do XIX, cando todavía non existía a fotografía, como medio para plasmar e divulgar a realidade social do momento, conforman o hilo conductor deste programa didáctico.
1.- Para os alumnos da ESO a duración prevista da visita e de 1h 30 min. O longo deste tempo os escolares poderán participar nas seguintes actividades:

1.a) Visionado dun pequeño e didáctico documental sobre o artista e a época na que viviu.

Posterior reflexión sobre o mesmo. O principal obxectivo desta actividade é familiarizar os alumnos coas imaxes que van ver na sala e co contexto histórico no que se producen. Duración: 20-30 min

1.b) Visita guiada á exposición a cargo de personal especializado. Ademáis da explicación polo percorrido expositivo, os nenos realizarán diversas actividades partindo da unidade didáctica que se lles entregará o comenzo da visita. A finalidade destas actividades é a comprensión das obras expostas na sala. Duración: 1 h

2.- Para as visitas das diversas asociacións, o museo plantexa unha visita guiada e dinamizada por un monitor cualificado polo percorrido expositivo da sala. A duración da visita oscilará entre 1h e 1h 30 min. Atendendo as peticións previas do grupo.

Reservas e información

Para facer a reserva ou recibir información sobre a exposición e o programa didáctico poderán contactar co museo, no teléfono 986 29 50 70. A unidade didáctica sobre "A mirada de Goya" estará a disposición de quen o solicite dende o 7 de abril en adiante, para o pleno aproveitamento da visita.
Descargar todas as imaxes

Máis información