O Concello consegue un préstamo a 10 anos para financiar os investimentos
O concelleiro de Economía cualificou o préstamo da "mellor operación financeira feita polo Concello". É un crédito a longo prazo sendo o tipo de interese o Euríbor. Caixa Galicia presentou unha oferta máis vantaxosa que Caixanova ante a demanda do Concello.
O concelleiro de Economía, Javier Guerra, explicou hoxe luns as condicións da concertación do préstamo que o Concello solicitou para financiar unha boa parte do investimento previsto para 2005 nos orzamentos municipais. No concurso aberto para acadar a mellor proposta houbo dúas licitacións, unha por parte de Caixanova e outra de Caixagalicia, sendo a segunda máis vantaxosa. A operación de crédito a longo prazo por un importe de 18.523.258,19 euros foi cualificada polo concelleiro de Economía como "a mellor operación financeira feita polo Concello". Trátase dun préstamo a dez anos, sendo o tipo de referencia proposto o do Euríbor sen marxe. O tipo de interese máximo anual aplicable é do 5%.
Este préstamo vén cubrir a maior parte dos investimentos previstos para 2005, que eran de 20,5 millóns de euros, financiando os case 2 millóns de euros restantes mediante o aforro de gastos nalgúns departamentos do Concello, como se explicou na presentación dos orzamentos. Segundo Javier Guerra a débeda do Concello é actualmente duns 108 millóns de euros, "moi por debaixo do límite legal e que supón aproximadamente un 60% en base aos ingresos do Concello".
Benestar Social
Dentro da área de Bensestar Social, a Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo a catro convenios de colaboración. O primeiro, dotado con 8.809,47 euros, servirá para que a "Sociedad San Vicente de Paúl" manteña un comedor infantil na zona do Calvario-Dobrada. Polo seguinte convenio, o Concello achegaralle á asociación "Érguete" un total de 36.000 euros co obxectivo de desenvolver un programa de apoio residencial para pacientes drogodependentes.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o texto do convenio de colaboración coa entidade "Asociación Freijeiro de Ayuda al Necesitado" para a atención de persoas e familias en estado de necesidade, por un importe de 13. 618, 94 euros anuais. Ademais, a Asociación Hoy por Mañana recibirá 6.000 euros do Concello para dispor de prazas de gardería especializada en menores con discapacidade.
Por outra banda, acordouse solicitar a ampliación do convenio coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Proxecto de I + D de Investigación e Musealización da Villa Romana de Toralla. A achega económica municipal correspondente a esta renovación ascende á cantidade de 150.837,8 euros, que se distribuirán do seguinte xeito: 86.103,37 euros no exercicio económico de 2005 e 64.734,43 euros no de 2006.
Así mesmo, a Xunta de Goberno decidiu prorrogar o contrato de limpeza do Verbum-Casa das Palabras, adxudicado á empresa Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, autorizando para iso un gasto de 100.000 euros por ano.
Ademais, na reunión celebrada hoxe luns decidiuse aprobar un proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Vigo para realizar unha investigación sobre a situación bibliotecaria no municipio que inclúa datos sobre poboación e a súa relación co territorio, e que permita ao Concello o deseño dunha rede municipal de bibliotecas. O orzamento xeral deste convenio ascende a 41.342,40 euros.
Descargar todas as imaxes