Homenaxe a Isaac Albéniz, no ciclo de ARE MORE

venres, 7 nov 2008

O festival de música ARE MORE ofrece unha actuación do guitarrista Tomás Camacho, nunha homenaxe ao compositor Issac Albéniz. O concerto será o día 8 de novembro, na Igrexa de María Auxiliadora ás 20.45 horas. Con entrada libre até completar aforamento.

O concelleiro de Cultura anima á cidadanía a participar nas Xornadas de Danza e Música Tradicionais

venres, 7 nov 2008

A novena edición das Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas celebrarase esta fin de semana, 8 e 9 de novembro a partir das 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova coa actuación de seis agrupacións galegas, según indicou este venres o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, Xesus López. O edil do BNG salienta que se trata dunhas xornadas gratuítas para as que se poden recoller as invitacións nas propias instalacións do Centro Cultural a partir das 18:30 horas.

Xesus López destaca o "MoveVigo Magosto 2008" como ferramenta para recuperar a cultura galega

xoves, 6 nov 2008

Recuperar a festa do magosto como unha festa de barrio e da cultura galega na que participe toda a cidadanía é un dos obxectivos da programación "MoveVigo Magosto 2008", segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. Na presentación do programa, na que tamén participou Xosé Couñago Ribeira, vogal de Cultura da Federación Veciñal "Eduardo Chao", o edilexplicou que 104 actividades terán lugar ata o 30 de novembro nos barrios e as parroquias de Vigo.

A praza do Berbés acollerá o sábado un magosto popular e a actuación do grupo Xuntanza<br />

mércores, 5 nov 2008

O vindeiro sábado, 8 de novembro, a praza do Berbés acollerá un magosto popular que estará amenizado pola agrupación de música e danza tradicionais Xuntanza, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Cultura, Xesus López. O edil do BNG explicou que o magosto, organizado pola Concellería de Cultura e a Federación de Peñas "O Olivo", dará comezo ás 18 horas e contará co presidente do Real Club Náutico na lectura do pregón.

Comeza o ciclo de cine con música en directo do festival ARE MORE

mércores, 5 nov 2008

O pianista Chris Rannemberg visita o Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo o día 6 de novembro, dentro do marco do Festival ARE MORE. O motivo principal deste concerto é o ciclo de cine &#039;Terror e paixón&#039;, con música en directo, e que proxectará a película "Las manos de Orlac", de Karl Freund, basada na novela de Maurice Renard. A sesión comezará ás 20:30 horas con entrada libre ata completar aforamento.

O ARE MORE ofrece un concerto de piano de Beatriz Montes

venres, 31 out 2008

O festival de música ARE MORE programa un ciclo adicado ás mulleres, que comezará o 2 de novembro co concerto de piano de Beatriz Montes nas instalacións do Real Club Náutico, como unha das novidades da presente edición do certame. O concerto será ás 12.30 horas con entrada libre ate completar aforamento.