A Semana de Teatro Afeccionado celebrarase no SCD Atlántida de Matamá do 15 ao 18 de outubro
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que mañá dará comezo a quinta edición da Semana de Teatro Afeccionado da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, que terá lugar no SCD Atlántida de Matamá ás 20.30 horas, de entrada gratuíta. O edil explicou que o programa, que inclúe catro representacións, comezará coa interpretación de "Infinitas posibilidades" a cargo da compañía Lareira Teatro.
"Descentralizar e democratizar a actividade cultural é un dos obxectivos da Concellería de Cultura, achegándoa á cidadanía", salientou Xesus López na presentación do certame, na que tamén participaron Roberto Giráldez e Pablo Moreiras, presidente e responsable da área de teatro, respectivamente, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais. Segundo o concelleiro, este obxectivo se materializa co apoio ás iniciativas que levan a cabo as diversas asociacións veciñais e culturais da cidade.
Nas súas intervencións, Roberto Giráldez e Pablo Moreiras agradeceron á Concellería de Cultura o seu apoio e ratificaron o compromiso da asociación "coa cultura e o deporte de Vigo". O certame continuará o 16 de outubro coa representación da obra "A viúva de Dupont", a cargo do grupo de teatro Rueiro. O 17 de outubro está prevista a actuación de Porta Aberta, que interpretará "A Bufarda", e rematará o día 18, coa representación da obra "A vinganza da Petra", a cargo do grupo de teatro O Lameiro.
Descargar todas as imaxes