O tenente de alcalde anuncia a apertura dun expediente sancionador contra os autores das pintadas no Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes a apertura do expediente sancionador correspondente para coñecer a autoría das pintadas que apareceron esta fin de semana no Casco Vello, de xeito que permita actuar contra os posibles infractores. O concelleiro afirmou asemade que está a disposición dos afectados o servizo gratuíto para a limpeza das fachadas do Concorcio do Casco Vello.
O tenente de alcalde salientou a necesidade de iniciar unha investigación para coñecer os posibles infractores e "actuar contra eles", especialmente tendo en conta que algunhas das pintadas realizadas esta fin de semana no barrio antigo afectaron a edificios de marcado carácter histórico e patrimonial.
Santi Domínguez explicou que hoxe mesmo asinou a prórroga do contrato coa empresa encargada de limpar as pintadas das fachadas do Casco Vello, servizo que está a disposición de todas as persoas que se consideren afectadas polo acontecido esta fin de semana. "Aquelas persoas que o soliciten se lles axudará na limpeza dos inmobles tal e como xa se viña facendo", destacou. Asemade, o tenente de alcalde fixo un chamamento ás persoas que se adican a cometer actos vandálicos para que teñan en conta que os cartos "para arranxar os desperfectos saen de todos e todas, incluidos as súas familias e eles mesmos".