Escoitar

Nova edición do festival "Voces Femeninas"

O festival Voces Femeninas celebra a segunda edición a partir do próximo martes, día 13, co concerto de presentación na sala Mondo coa actuación de Vitoria Williams e Simone White. Voces Femininas naceu hai un ano como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo.<br />

venres, 9 out 2009
1255092130victoria.jpg
Victoria Williams (esquerda) e Simone White (dereita)
Trátase de dar a coñecer ao gran público a artistas incriblemente dotadas, algunhas con gran predicamento nos seus países e na escena internacional, cuxas propostas corren o risco de ser silenciadas pola escasa cobertura que reciben nos grandes medios de comunicación. En definitiva, a intención é reivindicar o talento de toda unha xeración de intérpretes e compositoras e facelo de forma festiva.

A segunda edición de Voces Femininas presenta as seguintes actividades:

1º Concertos de presentación (13 de Outubro): Vitoria Williams (EE.UU.) e Simone White (EE.UU.).
2º Concerto especial Voces Femininas (30 de Outubro): Emmy the Great (Inglaterra).
3º Voces Femininas 09 (21 de Novembro): Basia Bulat (Canadá), Dawn Landes (EE.UU..) e Hello Saferide (Suecia). Homenaxe: Françoise Hardy.
4º Noites de Voces Femininas (21 de Novembro): coincidindo con Voces 09, nas principais salas da cidade porase exclusivamente música interpretada por voces femininas.
Descargar todas as imaxes