Restricción da circulación na Avenida de Castrelos
O concelleiro de Tráfico e Seguridade, Xulio Calviño, ven de informar sobre a circulación e acceso de vehículos na Avenida de Castrelos con motivo das obras que se están a executar por mor do "Proxecto de mellora da Seguridade Vial da PO-330" e da fase de substitución do colector de pluviais na intersección coa Avenida Antonio Palacios.
Segundo o concelleiro as obras constarán de tres fases de execución:
Fase 1: días 13 a 16 de outubro
Dende o nº 55 da Avenida de Castrelos ata a intersección coa Avenida Antonio Palacios.
Fase 2: día 17 de outubro ( sábado)
Treito de confluencia na intersección coa Avenida Antonio Palacios.
Fase 3: días 19 a 23 de outubro
Dende a intersección coa Avenida Antonio Palacios ata o nº 45 de Avenida de Castrelos
Durante as tres fases das obras quedará pechada ao tráfico a vía de servizo paralela á Avenida Antonio Palacios, excepto garaxes, e quedará prohibida a circulación de tráfico pesado (10Tm) por motivo de seguridade na Avenida de Castrelos, entre a Avenida Alcalde Portanet e a Avenida Antonio Palacios.
Descargar todas as imaxes