Vigo reunirá aos mellores pilotos na Copa do Mundo de Enduro Indor o 9 de xaneiro
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou hoxe que a Copa do Mundo de Enduro Indor se celebrará no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), o vindeiro 9 de xaneiro, e no que se darán cita os mellores pilotos do mundo. Segundo salientou o tenente de alcalde na presentación da proba, na que tamén participou o concelleiro de Deportes e representantes da organización, esta competición se enmarca na "aposta de que no haxa ningún deporte na cidade no que os afeccionados non poidan disfrutar dun espectáculo de gran categoría".
"Apostamos porque Vigo ter que seguir sendo referente mundial en materia deportiva, polo que encheremos o 2010 con grandes acontecementos", subliñou o tenente de alcalde. Neste sentido explicou que o vindeiro ano comezará "da mellor forma posible", xa que os días 7 e 8 de xaneiro terá lugar a Supercopa de Fútbol Sala, "e ao seu remate enlazaremos coa Copa do Mundo de Induro Endor". Por outra banda, afirmou que a aposta polos grandes eventos deportivos como a celebración desta Copa "supón un impulso á capacidade organizativa da cidade e da súa promoción internacional".
Neste sentido, Santi Domínguez lembrou a celebración o pasado ano do Premio Turismo de Vigo de Enduro e asegurou que foi un "espectáculo deportivo inmellorable, que nos animou a que Vigo acollera unha das catro probas da Copa do Mundo". Asemade, destacou a "importancia da repercusión internacional" que se lle está dando ao IFEVI, que recentemente acolleu o Mundial de Hóckei, e é sede permanente da Copa do Mundo de Hípica.
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, animou aos afeccionados a presenciar este "acontecemento deportivo a nivel mundial", xa que a Copa contará cos mellores pilotos do mundo. "Se tiveramos o calendario na man poderiamos ver como as probas deportivas que imos celebrar ao longo do ano que vén cubrirán case todos os fines de semana, o cal como concelleiro de Deportes é unha gran satisfacción", salientou Xabier Alonso. Ademais, destacou que as probas que se celebrarán na cidade "abarcarán practicamente todas as especialidades deportivas".
Por parte da organización, Mónica Sentedo agradeceu o apoio do tenente de alcalde "tanto persoal coo profesional" e do concelleiro de Deportes para celebrar en Vigo este acontecemento deportivo. Sinalou as dificultades ás que tivo que enfrontarse a candidatura viguesa, especialmente por ter que loitar contra a candidatura de México para acoller a proba. Por outra banda, o piloto Xacobo Agra destacou que este é "un gran reto para os amantes do mundo do motor e unha oportunidade única de ter en Vigo aos mellores pilotos do mundo". "Esperamos estar a altura e que o público e os pilotos o pasen o mellor posible", dixo.
Descargar todas as imaxes