mércores, 14 out 2009
Un poema do poeta Fiz de Vergara e un escrito de Castelao foron os textos elixidos polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, para iniciar hoxe a lectura ininterrompida proposta pola plataforma Queremos galego, baixo o lema "Lendo polo galego". "É unha honra estar hoxe aquí con tanta xente boa e xenerosa", salientou o concelleiro tras a lectura dos textos.
mércores, 14 out 2009
Abel Caballero acudiu este mércores ao Colexio Escolas Nieto para presenciar o inicio dos cursos de Educación Viaria que imparte a Policía Local a máis de 16.000 escolares de primaria. O alcalde destacou o "coñecemento elevado" das normas de tráfico mostrado polos nenos e non desbotou a posibilidade de incrementar ata 20.000 os estudantes participantes en futuras edicións.
mércores, 14 out 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou hoxe que mañá dará comezo a quinta edición da Semana de Teatro Afeccionado da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, que terá lugar no SCD Atlántida de Matamá ás 20.30 horas, de entrada gratuíta. O edil explicou que o programa, que inclúe catro representacións, comezará coa interpretación de "Infinitas posibilidades" a cargo da compañía Lareira Teatro.
mércores, 14 out 2009
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, anunciou que o xoves, 15 de outubro, comezará unha nova edición do programa "Unha lección de cine", dirixida a alumnos e alumnas de secundaria. Na presentación da iniciativa, na que tamén participou o xerente dos cines Yelmo-Cineplex do Centro Comercial Travesía, Xabier Roibas, a edil destacou que esta convocatoria "pretente amosar aos rapaces e rapazas a posibilidade de ver cine comercial en galego".
mércores, 14 out 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou que seguirá colaborando coa Asociación Veciñal de Teis na recuperación da memoria fotográfica e histórica do barrio. O concelleiro anunciouno o martes na presentación da revista "Escola de Maiores de Teis", na que tamén participaron a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, así como unha nutrida representación da Asociación Veciñal encabezada polo seu presidente, Avelino Quirós.