Escoitar

O alcalde asegura que o millón y medio de metros cadrados de solo industrial en marcha indican que "esta cidade está empezando a superar a crise"

Abel Caballero mantivo este mércores unha reunión cos responsables das compañías instaladas no parque comercial de A Gandariña, no Meixueiro, no que o emprego total supearará as 400 persoas unha vez abran as tres entidades restantes. O alcalde destacou que "todas as empresas importantes" en Europa mostran interese en operar en Vigo e cifrou en case millón e medio os metros cadrados de solo industrial en desenvolvemento.

mércores, 14 out 2009
1255525515gandarina.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que Vigo "está empezando a superar a crise" desde o ámbito comercial, económico e industrial, como indica que a cidade conta con case un millón e medio de metros cadrados de solo industrial en desenvolvemento na actualidade.

En declaracións tras unha reunión coas entidades instaladas no espazo comercial da Gandariña, no Meixueiro, o alcalde destacou que o millón e medio de metros cadrados en marcha -entre o Parque Tecnolóxico de Valadares, a súa ampliación, a Cidade do Frío e os propios ámbitos da Zona Franca de Vigo- demostran que "o desenvolvemento do Plan Xeral de Vigo é imparable".

Abel Caballero subliñou a "prioridade absoluta" que o Concello vigués outorga ao desenvolvemento industrial e avanzou que "todas as empresas importantes" de Europa queren operar en Vigo, mostra da súa capacidade. O rexedor citou empresas de nova instalación, como Leroy Merlín, e entidades interesadas en incrementar a súa presenza en Vigo, como McDonalds, por exemplo.

O desenvolvemento comercial da Gandariña pon de relieve para o alcalde a "enorme capacidade" viguesa para "xerar sinerxias". As empresas instaladas neste espazo transmitiron unánimente a Abel Caballero que o emprazamento está a duplicar as súas expectativas, e exemplificou nunha entidade que dobrou os seus empregados, dos cen previstos aos 200 que operan regularmente.

Alcalde e responsables das compañías estudaron no encontro a posibilidade de mellorar a sinalización no espazo comercial, e Abel Caballero informoulles da boa acollida do Ministerio de Fomento á petición do Concello de cesión da titularidade da autovía ata os límites municipais, o que permitirá que sexa a cidade a que planifique os novos desenvolvementos na zona.
Descargar todas as imaxes