Laura López Atrio visitou esta mañá a EOI, que cumpre a segunda xornada de protestas
venres, 16 out 2009
A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, acudiu esta mañá a Escola Oficial de Idiomas para mostrar o seu apoio á mobilización iniciada onte polo profesorado e o alumnado do centro, que cumpren hoxe o segundo día de pecha na instalación docente.
venres, 16 out 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este venres que no FISU Forum que se celebrará en Vigo do 21 ao 26 de xuño de 2010 participarán 200 representantes dun total de 50 países. Nunha rolda conxunta co secretario da Comisión para o Estudo do Deporte Universitario da FISU, Claude-Louis Gallien, a vicerreitora de Extensión Universitaria, María do Carme Cabeza, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, o nacionalista afirmou que este evento é froito de dous anos de traballo tras o inicio no 2007 das relacións coa FISU.
venres, 16 out 2009
A Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada este venres aprobou a ampliación do prazo de solicitude de axudas ao consumo para familias con necesidades económicas destinadas a activar o pequeño e mediano comercio de Vigo ata o 26 de outubro. O goberno local tomou esta decisión co obxectivo de facilitar a súa tramitación a todas as persoas interesadas en solicitadas.
venres, 16 out 2009
Abel Caballero presidiu este venres as actividades de conmemoración do 75 aniversario da revista "Industria Conservera" de Anfaco-Cecopesca. O alcalde eloxiou o pasado, presente e futuro deste sector económico nun acto no que se presentou un selo de Correos conmemorativo e distinguiuse a empresas e entidades -como a Consellería do Mar e Caixanova- especialmente vencelladas á publicación.
venres, 16 out 2009
Do 16 de outubro ó 14 de febreiro o Marco acolle unha exposición de Jorge Barbi co título "41º 52’ 59" latitude N / 8º 51’ 12" lonxitude O" comisarada por Juan de Nieves.A exposición está coproducida polo CAM Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa e a Sociedad Estatal para la Acción Cultural Exterior (SEACEX).
venres, 16 out 2009
A exposición temporal "Ramón Piñeiro, olladas no futuro" pode contemplarse no museo Verbum - Casa das Palabras ata o vindeiro domingo 1 de novembro en horario de martes a domingo de 10 a 19 horas con entrada gratuíta para todos os públicos.
venres, 16 out 2009
O museo Verbum – Casa das Palabras propón para as mañás dos domingos do mes de outubro uns<br />
obradoiros de animación á lectura ambientados nun mundo de fantasía a cargo dos "libri". "LIBRI TERRAE. MUNDO DE FANTASÍA E ANIMACIÓN Á LECTURA A CARGO DOS LIBRI" é un proxecto diferente de animación á lectura a cargo dos "libri" (catorce personaxes creados con forma de distintos libros que axudarán, estimularán e introducirán aos nenos no apaixonante mundo da lectura).
Turismo
venres, 16 out 2009
En data 14 de outubro de 2009 publícase no BOP número 198, as bases xerais e a convocatoria de 4 bolsas para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos do Concello de Vigo, durante o período comprendido entre o 16 de outubro de 2009 ata o 15 de xuño de 2010.