Escoitar

Representantes da FISU manterán en Vigo unha reunión da Comisión para o Estudo do Deporte Universitario

Con motivo da organización do FISU Forum, que se celebrará en Vigo en xuño do vindeiro ano, a Comisiónón para o Estudo do Deporte Universitario (CESU) manterá na nosa cidade unha das súas reunións de traballo. Representantes de dez países desenvolverán ao longo do venres e o sábado diversas actividades de labor interno e manterán xuntanzas co comité organizador local do FISU Forum.

xoves, 15 out 2009
O tenente de alcalde, Santi Dom匤guez, explicou que durante estes dous días "se fará balance do ano no deporte universitario e se avanzará na organización dos eventos que FISU ten previsto desenvolver nos anos 2010 e 2011". A este respecto, Santi Domínguez salientou a importancia que para a nosa cidade vai ter a celebración do FISU Forum, que terá lugar do 21 ao 26 de xuñ de 2010. Este acontecemento será a antesala do Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo, que terálugar do 29 de xuñ ao 4 de xullo de 2010.

O CESU está integrado por representantes de Francia, Gran Bretaña, Polonia, Bélxica, Estados Unidos, Hungría, Tailandia, Senegal, Alemania, Camerún. Acompañado dos polos membros do comité organizador local do FISU Forum, encabezados polo tenente de alcalde, os representes do deporte universitario desenvolverán varias sesións de traballo e tamén visitarán a Universidade, o Pazo Quiñones de León e o Centro Social Caixanova, lugares nos que terá lugar as diferentes actividades do Forum.