Santi Domíguez salienta o atractivo turístico de Vigoferia, que se celebrará do 24 de outubro ao 1 de novembro no IFEVI
O tenente de alcalde e presidente executivo do IFEVI, Santi Dom匤guez, detacou este xoves o atractivo turístico de Vigoferia, que terá lugar no Instituto Feiral de Vigo do 24 de outubro ao 1 de novembro. Adiantou que Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo estará presentes na feira cun expositor, "porque non podemos deixar perder nin unha oportunidade de promocionar a cidade", asegurou.
Santi Domínguez afirmou que hoxe é un "bo día para Vigo", posto que o Consello da Xunta ven de aprobar o Plan de Competitividade Turítica. Esta iniciativa suporá un investimento na cidade de 4 millóns de euros "para potenciar o turismo, vender o IFEVI e as empresas viguesas", especialmente nun momento de crise no que o sector turístico atravesa un momento delicado. Ademais, do tenente de alcalde, na presentación da feira tamén participaron a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, o presidente da empresa organizadora Planner Proceltha, Rubén López, o representante de Caixanova, Santiago Grandulfe, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto.
"Vigoferia é un evento sobradamente consolidado non só no recinto feiral do IFEVI, senó tamén no resto de Galiza", salientou o tenente de alcalde. Así a feira multisectorial reunirá 150 expositores de España e Portugal e medio milleiro de marcas nunha superficie de 12.000 metros cuadrados do pabillón 1 do IFEVI. O seu horario será de luns a xoves de 16 a 21 horas e o resto dos días de 11 a 21 horas. O prezo xeral será de 5 euros e o prezo para os colectivos especiais, xubilados e persoas desempregadas, será de 2 euros, mentres que os menores terán entrada gratuíta.
No certame estarán representados fabricantes de mobles, empresas de decoración e interiorismo, descanso e sistemas de calefacción, entre outras. Paralemente a Vigoferia terá lugar do 30 de outubro ao 1 de novembre a Pasarela de Xovenes Deseñadores, na que participarán 31 creadores de España e Portugal. O horario será de 11 a 21 horas, agás o venres 30 de outubro, que será de 16 a 21 horas.
Na súa intervención, o presidente de Planner Proceltha, Rubén López, expresou o seu agradecemento a Santi Domínguez polas facilidades e apoio amosado sempre na organización dos eventos.
Descargar todas as imaxes