martes, 13 out 2009
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe martes de que Urbanismo comezará a elaborar un censo de edificios susceptibles de causar desprendementos nas súas fachadas e adelantou que estuda unha "posible nova ordenanza" que obrigue aos propietarios -os responsables do mantemento- á realización de "revisións periódicas" das mesmas. O obxectivo municipal é "adiantarnos e prever posibles desprendementos" para unha "maior prevención".
martes, 13 out 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes a apertura do expediente sancionador correspondente para coñecer a autoría das pintadas que apareceron esta fin de semana no Casco Vello, de xeito que permita actuar contra os posibles infractores. O concelleiro afirmou asemade que está a disposición dos afectados o servizo gratuíto para a limpeza das fachadas do Concorcio do Casco Vello.
martes, 13 out 2009
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, salientou este martes que a segunda edición de Stockaxe, que se celebrará no Ifevi os días 17 e 18 de outubro, duplicará a participación de expositores respecto á edición pasada. Na presentación do evento, na que tamén participou a presidenta de Fecovi, Santi Domínguez afirnou que a aposta por esta feira é unha das medidas postas en marcha dende a Concellería de Comercio "para apoiar o pequeno e mediano comercio da cidade".
martes, 13 out 2009
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes as primeiras xeiras de Normalización Lingüística, que terán lugar hoxe no do edificio municipal do Areal 46, ás 20 horas. A edil destacou que con esta iniciativa se quere ofrecer dende o Concello "un espazo para o debate sobre a situación da lingua galega e o que queremos para ela".
martes, 13 out 2009
O programa de educación a información medioambiental "Vigo Camiño a Camiño" da Concellería de Medioambiente inaugura esta próxima fin de semana a súa cuarta edición cunha acampada nas Illas Cíes, onde os 200 participantes percorrerán dúas rutas e realizarán obradoiros de carácter medioambiental. Os interesados poden inscribirse desde este martes de balde no teléfono 010.