xoves, 15 out 2009
O tenente de alcalde e presidente executivo do IFEVI, Santi Dom匤guez, detacou este xoves o atractivo turístico de Vigoferia, que terá lugar no Instituto Feiral de Vigo do 24 de outubro ao 1 de novembro. Adiantou que Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo estará presentes na feira cun expositor, "porque non podemos deixar perder nin unha oportunidade de promocionar a cidade", asegurou.
xoves, 15 out 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a reforma das rúas San Xulián e Peñasco co obxectivo de que este espazo se convirta nun "novo lugar de encontro". No acto o concelleiro salientou que a remodelación inclue "non só o que se ve, seno tamén o que non se ve", xa que ademais da instalación de novo pavimento, mellorouse a seguridade, coa instalación de novas luminarias, o soterramento das liñas de telecomunicacións e o cambio dos colectores co sistema separativo.
xoves, 15 out 2009
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o seu departamento se suma aos actos convocados este sábado contra a pobreza e para reclamar á Xunta de Galiza a "apertura inmediata" do albergue no edificio da Gota de Leite. Entre as actividades que terán lugar o vindeiro 17 de outubro, a concelleira destaca a marcha que sairá ás 12 horas da Praza da Independencia e rematará na Gota de Leite.
xoves, 15 out 2009
Con motivo da organización do FISU Forum, que se celebrará en Vigo en xuño do vindeiro ano, a Comisiónón para o Estudo do Deporte Universitario (CESU) manterá na nosa cidade unha das súas reunións de traballo. Representantes de dez países desenvolverán ao longo do venres e o sábado diversas actividades de labor interno e manterán xuntanzas co comité organizador local do FISU Forum.