Santi Domínguez inicia a lectura ininterrompida de textos da plataforma "Queremos galego"
Un poema do poeta Fiz de Vergara e un escrito de Castelao foron os textos elixidos polo tenente de alcalde, Santi Domínguez, para iniciar hoxe a lectura ininterrompida proposta pola plataforma Queremos galego, baixo o lema "Lendo polo galego". "É unha honra estar hoxe aquí con tanta xente boa e xenerosa", salientou o concelleiro tras a lectura dos textos.
"A iniciativa nace como resposta ás evidentes agresións do actual goberno da Xunta á nosa lingua", explicou o humorista e debuxante Pepe Carreira, encargado de dar continuidade ás diferentes lecturas. Carreira indicou asemade que ademais de persoas senlleiras da cultura galega, a plataforma conta tamén co apoio de cidadáns e cidadás unidas en defensa do galego.
Tras Santi Domínguez, intervíu a escritora María do Carmo Kruckenberg, quen explicou as razóns de por que fala galego. De seguido continuaron a lectura o integrante de Milladoiro Rodrigo Romanía e as concelleiras nacionalistas Iolanda Veloso e María Méndez. No día de hoxe tamén están previstas as intervencións do artista Cándido Pazó, o secretario comarcal da CIG de Vigo, Xerardo Abraldes, e o concelleiros Xesus López e Xabier Alonso, entre outros.
Descargar todas as imaxes