Urbanismo censará os inmobles que presentan riscos de desprendemento e estuda regular "revisións periódicas" nas fachadas
O alcalde, Abel Caballero, informou hoxe martes de que Urbanismo comezará a elaborar un censo de edificios susceptibles de causar desprendementos nas súas fachadas e adelantou que estuda unha "posible nova ordenanza" que obrigue aos propietarios -os responsables do mantemento- á realización de "revisións periódicas" das mesmas. O obxectivo municipal é "adiantarnos e prever posibles desprendementos" para unha "maior prevención".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este martes que Urbanismo elaborará un censo de edificios que presentan riscos de desprendemento nas súas fachadas para, unha vez redactado, estudar unha "posible nova ordenanza" que obrigue á propiedade á realizar "revisións periódicas" nas mesmas.
O alcalde recordou que a responsabilidade de manter as fachadas en estado de conservación e seguridade é dos propietarios pero, atendendo a algúns desprendementos que aconteceron na cidade, o Concello busca unha "maior prevención e adiantarnos" a novos casos.
Segundo expresou o alcalde, a propiedade dos inmobles podería ter que realizar inspeccións periódicas do estado dos mesmos para obter unha certificación que sería presentada ao departamento de Urbanismo do Concello de Vigo.
Facultade de Medicina
O alcalde quixo ademais deixar claro que Vigo, "desde este momento", opta a acoller a que sería a segunda Facultade de Medicina de Galicia dentro do mapa de titulacións a definir para o próximo ano.
"Vigo non vai renunciar en ningún caso a unha Facultade de Medicina", asegurou Abel Caballero, quen considerou a esta dotación educativa un "obxectivo prioritario e primordial". O rexedor asegurou que Vigo conta coas bases necesarias para contar coa Facultade, tanto por criterios poboacionais como profesionais e de infraestruturas sanitarias.