Escoitar

O alcalde participa na celebración dos 75 anos da revista sectorial "Industria Conservera", cun selo conmemorativo

Abel Caballero presidiu este venres as actividades de conmemoración do 75 aniversario da revista "Industria Conservera" de Anfaco-Cecopesca. O alcalde eloxiou o pasado, presente e futuro deste sector económico nun acto no que se presentou un selo de Correos conmemorativo e distinguiuse a empresas e entidades -como a Consellería do Mar e Caixanova- especialmente vencelladas á publicación.

venres, 16 out 2009
1255697804industriaconservera.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de presidir hoxe venres no Pazo de San Roque o acto de celebración do 75 aniversario da revista sectorial "Industria Conservera", no que presentouse un selo conmemorativo ao efecto.

O alcalde -quen compartiu mesa con responsables de Anfaco, o FROM, a Consellería do Mar e Caixanova- eloxiou na súa intervención o pasado, presente e futuro dun sector estratéxico para a economía viguesa e abogou pola cooperación entre as entidades públicas e privadas para consolidar a posición de liderado en Europa desta industria.

Durante a celebración, o antigo diretor da publicación, Francisco Fernández del Riego, ofreceu unha intervención que deu paso á presentación dun selo conmemorativo da revista e da recopilación das súas ilustracións.

O acto de celebración concluíu cunha entrega de diplomas e empresas e entidades especialmente vencelladas a "Industria Conservera", como son o FROM, a Consellería do Mar, Caixanova, Hermasa e Crown Cork.
Descargar todas as imaxes