Obradorios de animación á lectura no Verbum
O museo Verbum – Casa das Palabras propón para as mañás dos domingos do mes de outubro uns<br /> obradoiros de animación á lectura ambientados nun mundo de fantasía a cargo dos "libri". "LIBRI TERRAE. MUNDO DE FANTASÍA E ANIMACIÓN Á LECTURA A CARGO DOS LIBRI" é un proxecto diferente de animación á lectura a cargo dos "libri" (catorce personaxes creados con forma de distintos libros que axudarán, estimularán e introducirán aos nenos no apaixonante mundo da lectura).
"Libri Terrae" (A Terra dos Libros) é un mundo de fantasía e felicidade. Os seus habitantes son felices escribindo, fabricando e lendo libros. Todo cambia cando o malvado Cansino e a meiga Chuchona inventan un plan para acabar para sempre cos libros que tanto odian e coa lectura. Consígueno roubando letras, palabras, sons e expandendo unha apócema de preguiza e desmemoria por todo o poboado. Os "libri" deixarán pouco a pouco de ler e dedicarán o tempo a durmir e a esquecer todo o aprendido. O obxectivo dos obradoiros é que os nenos axuden aos "libri" a espertar a Libri Terrae deste mundo de preguiza e devolvelo ao mundo da fantasía e da actividade educativa.
Os nenos coñecerán aos "libri": Os reis Biblos, o príncipe Lector, a princesa Leonor, o Excmo. Sr. D. Título, Don Capítulo, Srta. Ortografía, Mrs. Bibliografía, Sor Lectura, Señor Alfabeto, Don Fonema, Ilustriña, Neno Ebook, Meiga Chuchona e o malvado Cansino, as súas características e misións específicas: xogos de representación, taller de dramatización, contacontos, xogos de coordinación, taller de escritura, etc.
DOMINGO 18: CAPÍTULO 3º: DO LAGO DAS PALABRAS BLANDAS AO PARQUE DO VOCABULARIO
TRAVESO.
DOMINGO 25: CAPÍTULO 4º: DA GRANXA DE SÍLABAS E FONEMAS Á CIDADE DAS PÁXINAS.
DE 12.00 A 13.30 HORAS
PARA NENOS/AS A PARTIR DOS 5 ANOS.
AFORAMENTO: 50
1 € / ASISTENTE.
Descargar todas as imaxes