Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Cristo

venres, 16 out 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola
empresa Oresa, estará pechada ao tráfico a rúa Cristo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 19 de outubro de 2009 ás 10.00 horas e por un período aproximado de catro meses.
O acceso ao entorno da rúa Cristo será polas rúas Martínez Garrido e Palencia.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.