venres, 31 out 2008
O concelleiro de Cultura, Xesus López, dixo este venres que o acto de recoñecemento á figura de Orencio Pérez González era unha das débedas do Concello e da cidade de Vigo cara ao xuíz que durante anos estivo á cabeza do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo. No acto de homenaxe, que tivo lugar nas dependencias xudiciais da cidade, ademais do edil do BNG tamén participaron o decano do Colexio de Avogados de Vigo, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, o presidente da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, o xefe superior de Policía de Galicia, o fiscal superior de Galicia e a viúva de Orencio Pérez, quen xunto ao concelleiro de Cultura presidiu a inauguración do busto adicado ao xuíz.
xoves, 30 out 2008
A Biblioteca Central de Vigo, ubicada na rúa Joaquín Yáñez, pecha as súas portas de xeito temporal o vindeiro venres 31 de outubro para realizar traballos de mantemento. Segundo informa a dirección da biblioteca, estes traballos consisten na aplicación de tratamentos de prevención e desinsectación, de xeito que o luns día 3 de novembro reabrirase aos usuarios e usuarias no seu horario habitual.<br />
mércores, 29 out 2008
O festival de música Are More 2008, que cumpre a súa novena edición, abrirá o vindeiro 30 de outubro coa actuación de Diego el Cigala no Teatro Salesianos. O ciclo adicado ás mulleres e a homenaxe ao compositor Eduardo Soutullo conforman alunhas das novidades desta edición que terá o concerto de clalsura o martes, 16 de decembro coa interpretación do "Canto negro espiritual. Bridget Bazile & The Monnwalk Singers " na igresa María Auxiliadora.<br />
<br />
<br />
martes, 28 out 2008
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, lembra que durante esta semana continúa aberto o prazo de matrícula para o curso ‘XENTES, ESPAZOS E LUGARES’, para o que quedan dispoñibles as últimas prazas e que se celebra do 4 de novembro de 2008 ao 26 de maio de 2009. O curso está organizado polo COAG e MARCO, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo
venres, 24 out 2008
Do 24 de outubro ó 4 de xaneiro poderase visitar no espazo anexo do Marco unha proposta de Suso Fandiño que parte dun dos símbolos da cidade como é a fábrica que PSA Peugeot Citroën posúe en Vigo.
xoves, 23 out 2008
Os días 23,24 e 25 de outubro celebrase no Verbum a V edición do certame de documental e vídeo Secuenciacero no que se poderá ver as últimas creacións e tendencia en curtametraxes, documentais,videocreación, videoinstalación e maxia.
mércores, 22 out 2008
A primeira Mostra de Arte Téxtil e Patchwork pode visitarse ata o vindeiro domingo na Casa da Cultura e o Centro Cívico do Casco Vello. A exposición, que reúne as obras de creadoras de arte téxtil, xa foi visitada por dúas mil persoas dende a súa apertura, o pasado día 16 de outubro.
mércores, 22 out 2008
O próximo 23 de outubro comeza no MARCO o programa audiovisual da XIX edición de ArtFutura, o Festival de cultura e creatividade de referencia en España, cun extenso programa que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no último ano no panorama internacional dos new media, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital.
martes, 21 out 2008
A sala de exposicións temporais do Museo Municipal Quiñones de León acolle dende mañá, 22 de outubro, a mostra "Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Vigo", na que os visitantes poderán coñecer polo miúdo o labor que na cidade desenvolveron os enxeñeiros de camiños, canles e portos durante o último século. A exposición poderá visitarse de martes a sábados de 17 a 20 horas e os domingos e festivos de 10 a 13.30 horas ata o día 23 de novembro.
venres, 17 out 2008
A veciñanza de Cabral e San Miguel de Oia poderán gozar este domingo das representacións teatrais que integran a programación para adultos do "Vigo a Escena", que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Vigo. No caso de Cabral, a compañía Sísifo Teatro interpretará a obra "Parella aberta", mentres que en Oia a compañía Teatro Avento levará a escena a obra "A insólita historia de Jimmy Pelostristes".