mércores, 15 out 2008
O festival Are More 2008, que cumpre a súa novena edición, abrirá o vindeiro 30 de outubro coa actuación de Diego el Cigala no Teatro Salesianos. O ciclo adicado ás mulleres e a homenaxe ao compositor Eduardo Soutullo conforman alunhas das novidades do Are More "máis rompedor", segundo o cualificou o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na súa presentación, quen estivo acompañado polo concelleiro de Cultura, Xesus López, a vicerreitora de Extensión Universitaria, Carmen Cabezas, a representante da Fundación Caixa Galicia, Gloria Lago, e o director artístico do festival, Roberto Relova.
xoves, 9 out 2008
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este xoves a convocatoria do primeiro Premio Pacheco-Prósperi de Ensaio, dotado con 11.000 euros e enmarcado nas actuacións que se están a desenvolver para acadar a posta en valor do arquivo. "Coa convocatoria deste premio estamos a cumprir cunha das obrigas adquridas polo Concello de Vigo no momento da súa adquisición", salientou o edil.
martes, 7 out 2008
‘Xentes, espazos e lugares’ é un curso que se celebrará do 4 de novembro de 2008 ao 23 de maio de 2009, organizado conxuntamente polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e o MARCO, coa colaboración de Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, que se enmarca no convenio de colaboración asinado pola Delegación do COAG en Vigo e a Fundación MARCO.
luns, 6 out 2008
Neste inicio do mes de outubro dá comezo no MARCO a programación de actividades didácticas desta nova tempada 2008-2009, organizada polo departamento educativo, e que inclúe tanto os programas de fin de semana para familias como a programación de visitas e obradoiros para escolares.
venres, 3 out 2008
O museo Verbum – Casa das Palabras propon para as mañás dos domingos do mes de outubro sesións de contacontos galegos a cargo de dúas profesionais da narración oral: Paula Carballeira e Eva Cabo.
venres, 3 out 2008
Dende o vindeiro 7 de outubro e ata o 30 de novembro, en horario de martes a domingo de 10 a 19<br />
horas, o museo Verbum de Vigo albergará unha exposición adicada á figura do escritor Celso Emilio<br />
Ferreiro.
xoves, 2 out 2008
Amosar as expresións artísticas das persoas con necesidades educativas especiais nun espazo tan especial como pode ser un autobús urbano configura un dos obxectivos da mostra "Encontros diverxentes", inaugurada este xoves na Praza da Independencia e que a partir do 9 deste mes de outubro comezará o seu percorrido polas diferentes cidades galegas.
xoves, 2 out 2008
A Casa das Artes acolle desde o día 2 de outubro a exposición das obras do XIII Maratón Fotográfico Concello de Vigo que se celebrou, dentro da programación das Festas do Cristo o pasado día 10 de Agosto.
mércores, 1 out 2008
Co obxectivo de sensibilizar a cidadanía sobre a enfermidade do alzheimer a Casa das Artes acolle dende hoxe e ata o vindeiro 10 de outubro a exposición itinerante "Xente De Mente". Na presentación da mostra, o concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou a importancia de desenvolver iniciativas como esta, xa que na cidade de Vigo existen arredor de 5.000 persoas diagnosticadas con esta enfermidade.<br />
<br />
martes, 30 set 2008
As XVIII Xornadas de Filosofía centrarán esta nova edición no debate e análise da trioloxía que forman "Sociedade, economía e ideoloxía", e que da nome as sesións de traballo que se desenvolverán do 14 ao 17 de outubro na Fundación Caixa Galicia. Este ano participarán nas xornadas destacadas figuras do pensamento contemporaneo como Aurelio Arteta, Manuel Atienza, Salvador Giner, Jesús Zamora, Jesús Mosterín, Emilio Llano de Espinosa, Fernando Vallespín e Xosé Luis Barreiro Rivas.