Santi Domínguez afirma que a primeira biblioteca de barrio abrirá en 2010 como clara aposta polo Calvario e Lavadores
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou este venres que a primeira biblioteca de barrio que abrirá na rúa Martínez Garrido no 2010 é unha "clara aposta" polos barrios de O Calvario e Lavadores. O concelleiro fixo estas declaracións tras a visita que realizou ás instalacións da nova dotación, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López. A nova biblioteca conta, según o tenente de alcalde, cun investimento de 450.000 euros é unha "moderna concepción do espazo".<br /> <br />
"É estraño que no 2009 falemos da primeira biblioteca de barrio de Vigo, o cal mostra que nos últimos anos non houbo ningunha preocupación ao respecto", sinalou Santi Domínguez tras a visita. Porén, avanzou que o obxectivo da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura é iniciar dúas bibliotecas máis nesta lexislatura. "Este é o camiño que temos que seguir", asegurou.
O tenente de alcalde expresou a súa satisfacción pola marcha das obras, "que avanzan a bo ritmo", polo que se cumprirán os prazos estipulados. Respecto á estrutura da biblioteca afirmou que ten unha concepción "moi moderna do espazo", xa que a fachada será transparente e visible dende o exterior. "Esta concepción animará aos veciños e veciñas a utilizala e ademais se entroncará co val", asegurou.
Segundo Santi Domínguez, a posta en marcha desta infraestrutura se enmarca nunha aposta polos barrios de Calvario e Lavadores, que tamén se pon de manifesto co arranxo das instalacións deportivas da Asociación Veciñal de Lavadores, a execución da piscina de Barreiro; e a dinamización do Centro Cultural de Pardavila.
Descargar todas as imaxes