Escoitar

Abel Caballero cifra en máis de catro millóns de euros o custo da humanización de Sanjurjo Badía

O alcalde visitou este venres os traballos de humanización da parte final de Sanjurjo Badía, que están próximos ao seu remate, un día despois de que o goberno local adxudicara a última fase da reforma da rúa; en total, o custo da humanización de Sanjurjo Badía estará próximo aos cinco millóns de euros. Abel Caballero anunciou tamén a próxima presentación dun aparcadoiro para residentes en Teis "de prezo asequible".

venres, 2 out 2009
1254488927teis.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero,cifrou este venres en máis de catro millóns de euros a inversión municipal destinada á humanización da rúa Sanjurjo Badía.

Así o asegurou o rexedor municipal durante unha visita aos traballos de mellora da segunda fase da rúa, na súa parte máis próxima á rotonda de Guixar, que está próxima ao seu remate, e que dará paso á humanización do último tramo da rúa -entre Pedro Alvarado e Bos Aires-, adxudicada polo goberno local onte xoves.

Xunto á humanización de Sanjurjo Badía, o alcalde quixo coñecer sobre o terreo o Barrio das Flores e as rúas Foxos e Toural, que serán humanizadas o próximo ano con cargo a fondos europeos conseguidos para Teis. Abel Caballero recordou que trátase de "zonas moi habitadas e bastante deterioradas" que, na súa mellora, investiranse un millón de euros.

O proxecto municipal integral para mellorar o barrio de Teis, que iniciouse coa humanización do entorno do Mercado, foi definido polo alcalde como un "proxecto ambicioso" que incluirá, segundo avanzou, un aparcadoiro para residentes da zona "de prezo asequible", o cal será presentado próximamente.
Descargar todas as imaxes