A nova edición do "Vigo a escena", que comeza este sábado, inclúe 36 actuacións en 22 auditorios diferentes
A nova programación de "Vigo a escena", que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro, integra un total de 36 actuacións que serán representadas en 22 auditorios diferentes, segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura na presentación do programa. Xesus López indicou que esta nova edición comezará este sábado, 3 de outubro, coa representación de "Chicho e a santa Compaña" a cargo de Lambríaca Produccións, no auditorio do Conservatorio de Música Profesional da Florida.
"Na Concellería de Cultura marcámonos como obxectivo fundamental potenciar a actividade cultural feita na nosa cidade e feita polos veciños e veciñas de Vigo", salientou o edil nacionalista. Segundo Xesus López este reto materializase convocatoria tras convocatoria coa "democratización da actividade cultural" e a súa descentralización. "Somos conscientes da dificultade de moitos vigueses e viguesas para achegarse as actividades que teñen lugar no centro da cidade; é por iso polo que apostamos pola descentralización", destacou.
O concelleiro de Cultura destacou que este xeito de programar o "Vigo a Escena" está a dar "excelentes resultados" respecto á resposta do público que asiste a cada representación. Así, esta nova edición da programación de teatro municipal levará as representacións a 22 auditorios diferentes das distintas asociacións veciñais e centros culturais que existen nos barrios e parroquias da cidade. "Ao respecto nesta ocasión contamos cunha novidade, que é o Marco como novo espazo de representación do Vigo a Escena", destacou.
Por outra banda, Xesus López criticou a política cultura que está levando a cabo a Xunta de Galiza, posto que ao seu xuízo é "inexplicable e impresentable" que a Feira Galega das Artes Escénicas de 2009 non inclúa no seu programa ningunha compañía de teatro de Vigo. Asemade, criticou que o actual goberno galego non estea dando cumprimento o compromiso adquirido pola Xunta anterior respecto ás obras do auditorio municipal.
Descargar todas as imaxes