Escoitar
Persoal

Aberto o prazo de inscripción para diversas prazas

<br />

mércores, 30 set 2009
Con data 25 de setembro de 2009, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordos polo que se aproban, as bases de selección que permitan formar unha bolsa de emprego de Auxiliares Administrativos/as e Diplomados/as en Traballo Social para proceder á contratación laboral-temporal, por acumulación de tarefas de catro auxiliares administrativos/as e seis diplomados/as en traballo social que en todo caso non excederán do 31 de decembro de 2009.

As bases para consulta, atópanse no taboleiro de edictos da Casa do Concello, así como na paxina web municipal www.vigo.org.

O prazo de presentación de instancias que se realizará no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, será de tres días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio.