martes, 29 setembro 2009

O Plan Saúde reanúdase en outono con andainas pola cidade e actividade física nas asociacións de veciños

martes, 29 set 2009

A concelleira de Sanidade, Chus Lago, presentou este martes unha nova edición do Plan Saúde, na procura de achegar os hábitos de vida saudables á cidadanía viguesa. A iniciativa retoma as actividades nas asociacións, nos parques biosaudables e as rutas urbanas con técnicos do INEF, e editará asemade unha guía de hábitos saudables que incorpora catro novos percorridos polas praias.

O tenente de alcalde estuda cos veciños de A Miñoca o proxecto para a construción dun novo local social<br />

martes, 29 set 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, analizou hoxe con representantes da directiva da Asociación de Veciños de A Miñoca o proxecto do novo local social que demanda a entidade veciñal. O concelleiro recoñeceu a necesidade de que esa zona da cidade dispoña dun espazo axeitado para desenvolver as súas actividades e comprometeuse a estudar a súa execución.