mércores, 30 setembro 2009

O alcalde solicita da Consellería de Sanidade os proxectos do plan funcional e do novo hospital de Vigo

Abel Caballero anunciou este mércores o envio dunha carta á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, solicitando os proxectos do plan funcional sanitario e do novo hospital de Vigo, incluida a súa forma de financiación. A Plataforma pola Sanidade Pública transmitiu hoxe ao alcalde a súa "inmensa inquedanza" porque o hospital presentado "non cumpre as expectativas" da cidade, segundo citou.

Leroy Merlin e o Concello buscarán localización para abrir "coa máxima urxencia" un centro en Vigo

mércores, 30 set 2009

O alcalde entrevistouse este mércores co Director de Desenvolvemento da compañía, José Luis Azañón, e coa xestora da mesma, Alejandra de la Cruz, quen manifestaron que Vigo é o obxectivo prioritario de Leroy Merlin en España, polo que buscan abrir unha gran superfice con 350 empregados e 100 empresas proveedoras ubicadas en Vigo. "Creo que en non moito tempo haberá novidades ao respecto", concluíu o alcalde.

Santi Domínguez advirte que pechará o camiño do consenso co Porto se hai máis proxectos sen Plan de Usos

mércores, 30 set 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, adiantou hoxe tras reunirse coa presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, que o BNG non aceptará que se aproben novas actuacións no Porto sen contar co Plan de Utilización de Espazos Portuarios que esixe a lei. O nacionalista dixo que "non imos aceptar a política de feitos consumados e se hai novas actuacións por parte da Autoridade Portuaria sen Plan de Usos entederemos que non hai vontade de acadar o consenso".