Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Corte da rúa Camiño Verdella ao tráfico

<br />

mércores, 30 set 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa Gas Galicia, estará pechada ao tráfico a rúa Camiño Verdella, nº 2, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 30 de setembro de 2009 ás 10.00 horas e por un período dunha semana aproximadamente.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.