xoves, 1 out 2009
Segundo informou o alcalde, o goberno local adxudicou a humanización de sete novas rúas localizadas en Teis, Balaídos, Bouzas e o Calvario, entre outras; melloras que empregarán a 118 persoas por valor de 3,3 millóns de euros e que acometeranse "nas próximas semanas", cun prazo de execución que oscila entre os dous e os catro meses.
xoves, 1 out 2009
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, presentou este xoves un proxecto de transporte público para o Casco Vello, integrado por tres microbuses eléctricos accesibles para as persoas con mobilidade reducida e que permitirá a transversalidade no Casco Vello dada a súa "gran capacidade de xiro e de superar fortes pendentes". Na presentación do proxecto, na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o nacionalista afirmou que este proxecto será presentado na convocatoria do Plan E para 2010 de xeito que, se é aprobado, podería poñerse en marcha no primeiro semestre do vindeiro ano.
xoves, 1 out 2009
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, inaugurou este xoves o obradoiro de prevención de drogodependencias no sector hosteleiro e recreativo, que ten por obxectivo a concienciación respecto dos consumos de alcohol. O obradoiro quere ser un debate no que participen empresarios e profesionais estreitamente vencellados co sector para analizar e coñecer a súa percepción das drogodependencias e impulsar espazos de ocio seguros, saudables e de calidade.
O FAV09, primeiro premio na modalidade de Festivais Aéreos do Exército do Aire
xoves, 1 out 2009
Abel Caballero recolleu o mércores no Cuartel Xeral do Exército do Aire en Madrid a distinción que sitúa ao de Vigo como o mellor festival aéreo celebrado en España no ano 2009. No marco da XXXI edición dos Premios Exército do Aire, o alcalde recibiu o Primeiro Premio na modalidade de Festivais Aéreos, un galardón concedido pola calidade e a organización do FAV09, e o xurado valorou en concreto o "inestimable apoio" do Concello de Vigo na súa realización.
xoves, 1 out 2009
A nova programación de "Vigo a escena", que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro, integra un total de 36 actuacións que serán representadas en 22 auditorios diferentes, segundo salientou este xoves o concelleiro de Cultura na presentación do programa. Xesus López indicou que esta nova edición comezará este sábado, 3 de outubro, coa representación de "Chicho e a santa Compaña" a cargo de Lambríaca Produccións, no auditorio do Conservatorio de Música Profesional da Florida.
xoves, 1 out 2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, asegurou este venres que Concello de Vigo manterá o seu apoio para o Trofeo Cidade de Vigo de hóckei a patíns, que mañá venres, no pavillón de Bouzas (é unha pista debutante neste torneo), cumprirá o seu vixésimo sexta edición. Así o anunciou o edil na presentación da proba, e explicou que "tras facer no Ifevi o mellor Mundial da historia, segundo todas as federacións, é normal o cambio no torneo, que tiña que reformularse".
xoves, 1 out 2009
El concejal de Deportes, Xabier Alonso, aseguró este viernes que el Ayuntamiento de Vigo mantendrá su apoyo para el Trofeo Ciudad de Vigo de hockey a patines, que mañana viernes, en el pabellón de Bouzas (es una pista debutante en este torneo), cumplirá su vigésimo sexta edición. Así lo anunció el edil en la presentación de la prueba, y explicó que "tras hacer en el Ifevi el mejor Mundial de la historia, según todas las federaciones, es normal el cambio en el torneo, que tenía que replantearse".