Iolanda Veloso inaugura o obradoiro de prevención de drogodependencias no sector hosteleiro
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, inaugurou este xoves o obradoiro de prevención de drogodependencias no sector hosteleiro e recreativo, que ten por obxectivo a concienciación respecto dos consumos de alcohol. O obradoiro quere ser un debate no que participen empresarios e profesionais estreitamente vencellados co sector para analizar e coñecer a súa percepción das drogodependencias e impulsar espazos de ocio seguros, saudables e de calidade.
"Dende a Concellería de Xuventude temos unha gran preocupación polo lecer nocturno precisamente porque a xuventude é a súa principal protagonista", indicou Iolanda Veloso na súa intervención. A concelleira nacionalista subliñou a importancia da participación do sector no deseño dun plan de actuacións que facilite a súa mobilización para a prevención das drogodependencias e que estableza o diálogo entre o sector e os especialistas nesta materia.
Descargar todas as imaxes