Escoitar

O alcalde solicita da Consellería de Sanidade os proxectos do plan funcional e do novo hospital de Vigo

Abel Caballero anunciou este mércores o envio dunha carta á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, solicitando os proxectos do plan funcional sanitario e do novo hospital de Vigo, incluida a súa forma de financiación. A Plataforma pola Sanidade Pública transmitiu hoxe ao alcalde a súa "inmensa inquedanza" porque o hospital presentado "non cumpre as expectativas" da cidade, segundo citou.

mércores, 30 set 2009
1254313802sanidade.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, socilitou este mércores por escrito á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, os proxectos do plan funcional sanitario para o área viguesa e do novo hospital da cidade, incluída a súa forma de financiación.

Abel Caballero asegurou que non emitirá un pronunciamento sobre a proposta presentada fai escasos días en Vigo pola conselleira ata que non reciba os proxectos, pero agarda que a Xunta de Galicia cumpra o compromiso adquirido polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, de licitar este ano proxecto e obra dun hospital "moi similar ao anterior", proxectado polo pasado goberno autonómico.

O alcalde fixo estas declaracións tras reunirse coa Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, plataforma que mostrou a súa "inmensa inquedanza" polo proxecto de novo hospital presentado pola Xunta, xa que "non cumpre as expectativas" da cidade, segundo indicou o propio Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes