O Plan Saúde reanúdase en outono con andainas pola cidade e actividade física nas asociacións de veciños
A concelleira de Sanidade, Chus Lago, presentou este martes unha nova edición do Plan Saúde, na procura de achegar os hábitos de vida saudables á cidadanía viguesa. A iniciativa retoma as actividades nas asociacións, nos parques biosaudables e as rutas urbanas con técnicos do INEF, e editará asemade unha guía de hábitos saudables que incorpora catro novos percorridos polas praias.
A concelleira de Sanidade, Chus Lago, presentou hoxe a reanudación do Plan Saúde tras o verán, que retoma as actividades saudables -gratuitas e tutoradas por profesionais- nas Asociacións de Veciños, nos parques biosaudables e mediante rutas urbanas.
Segundo explicou a edil socialista, esta iniciativa procura achegar os hábitos de vida saudables á cidadanía, levando distintas actividades a todos os ámbitos municipais. Esta nova edición do Plan Saúde, que xa iniciouse a pasada semana, potencia a información técnica e nutricional incorporada á páxina web do Concello (www.vigo.org), ademais da referida ao propio Plan. Ata o momento, preto de 10.000 persoas xa visitaron o apartado web do Plan Sáude e máis de 800 descargaron algún dos arquivos alí dispostos.
As actividades saudables nas asociacións de veciños, tal e como sinalou Lago, están a gozar dunha ampla participación; unhas 250 persoas, normalmente de idade avanzada, realizan de forma regular Tai Chi, pilates ou ximnasia de mantemento nalgunha das once entidades de acollida.
O Plan Saúde tamén retoma ata decembro as rutas urbanas tutoradas por un técnico en actividade física, que acompaña a todos os que o desexen durante todo o traxecto dunha ruta urbana os luns, mércores e venres de 19 a 20 horas. Os oito percorridos varían atendendo ao propio calendario distribuido polas asociacións e dispoñible tamén na web municipal. Os técnicos emprestan pulsómetros e podómetros aos participantes, ofrendo asemade asesoramento profesional a aqueles que o demanden.
Complementariamente, Chus Lago recordou que, os martes e xoves ás 10 horas, un técnico en actividade física asesora a todos aqueles que se acheguen e participen nos parques biosaudables de Castelao e do Areal.
Próximas propostas
De cara ao futuro, a concelleira de Sanidade avanzou que o Plan Saúde incorporará próximamente en dependencias municipais unha Unidade Concello Saudable -na que ofreceríase información de hábitos saudables a todos aqueles que se acheguen-.
Lago adiantou asemade que editará e distribuirá unha Guía de Hábitos Saudables, que incluirá consellos de alimentación e eliminación de hábitos nocivos como o tabaco, e un mapa con catro novas rutas urbanas polas praias viguesas.
Descargar todas as imaxes