Escoitar

O alcalde asegura que Tomás Alonso representa o "modelo de humanización de alta calidade" na cidade

Abel Caballero presidiu este xoves a inauguración da humanización de Tomás Alonso, entre Pi i Margall e a praza da Industria, que estaba "en condicións moi deficientes" e empregou a 33 persoas durante medio ano. Ademais, o alcalde xa adiantou que o próximo ano acometerase o tramo da rúa entre a curva de San Gregorio e Bouzas, para continuar "xerando emprego e benestar". <br />

xoves, 1 out 2009
1254402238tomasalonso.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que a rúa Tomás Alonso representa o "modelo de humanización de alta calidade" que se está a levar a todas os ámbitos de Vigo.

Así o indicou o rexedor no acto de inaguración da rúa, no tramo entre a Praza de Eugenio Fadrique e Pi i Margall; humanización rematada na súa primeira fase, na que empregou durante medio ano a 33 persoas, dez das cales procedían das listas de desemprego viguesas.

A humanización exténdese medio quilómetro e construíronse case 5.000 metros cadrados de beirarrúas en granito, con 120 árbores, luminarias, bancos e a renovación do saneamento e o abastecemento. O investimento da mellora supera o 1,3 millóns de euros.

Abel Caballero indicou que esta rúa estaba "en condicións moi deficientes" e salientou que os traballos "comezaron e remataron en prazo", tal e como se está a facer en todas as humanizacións da cidade para "xerar emprego e benestar".

O alcalde xa adiantou que no ano 2010 acometerase unha nova fase da humanización de Tomás Alonso, entre a curva de San Gregorio e Bouzas, ao que sumarase as próximas adxudicacións de obras no rural e os proxectos para o vindeiro ano do "Plan ZP dous", do que Vigo percibirá 32,5 millóns de euros, segundo as cifras ofrecidas polo primeiro edil, e para o que xa se están a elaborar o listado de rúas a mellorar.
Descargar todas as imaxes