Escoitar
Kings of Convenience-Bedroom Community-The Dodos-Emilio José

O pop delicado de Kings Of Convenience abre a estación outono do Sinsal 7

Os americanos The Dodos e o galego Emilio José pecharán o 17 de decembro o ano de SINSAL

luns, 5 out 2009
Vigo, martes 3 de novembro de 2009, Teatro Caixanova. 21:00 h.
/ 10€-12€-15€

- Kings of Convenience volven á estrada e ás tendas despois de cinco anos de silencio. O dúo noruegués formado por Erlend Oye e Eirik Glambek Boe segue a transitar polas augas mansas dun pop a dúas voces delicado e sutil.
http://www.myspace.com/kingsofconvenience / http://www.kingsofconvenience.com

Vigo, mércores 4 de novembro de 2009, Salón SINSAL, MARCO. 20:00 h.
Entradas dispoñibles en taquilla antes do concerto / 12€
- Bedroom Community pódese traducir como cidade dormitorio, ese é o lugar polo que se moven os músicos do selo islandés, os arrabaldes da música contemporánea, do pop ao ambient, da clásica á experimentación.
http://www.myspace.com/bedroomcommunity / http://www.myspace.com/bedroomcommunity

Vigo, xoves 17 de decembro de 2009, Salón SINSAL, MARCO. 20:30 h.
Entradas dispoñibles en taquilla antes do concerto / 12€

- The Dodos son unha banda californiana que con tres álbumes publicados é unha das propostas de Weird Folk máis interesantes do panorama internacional. Time to die é o seu último traballo, á venda dende agosto e a confirmación da auténtica orixinalidade do dúo.
http://www.myspace.com/thedodos / http://www.dodosmusic.net

- Emilio José despois de sorprender á prensa especializada dende Apeiron e o seu Todo sigue intacto, lánzase en solitario co disco máis estremeiro, heterodoxo e radical do ano no estado español.
http://www.myspace.com/singstaralone