O aparcamento de Rosalía de Castro redúcese a 360 prazas pola aparición de restos arqueolóxicos
O alcalde informou hoxe luns da aprobación da nova dimensión do aparcadoiro, que contará con 70 prazas reservadas para residentes. Ademáis, validáronse melloras nas humanizacións de Estrada, Marín, Sagunto, Baiona e Redondela sen custo para o Concello, e adxudicouse a humanización de Vilagarcía. En total, 13,5 millóns de euros de investimento para a mellora de 12 rúas na segunda fase de humanizacións de 2009.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns da aprobación do goberno "da nova dimensión e o novo trazado" do aparcadoiro de Rosalía de Castro, que reduce de 589 a 360 as súas prazas debido aos restos arqueolóxicos atopados na zona.
Despois de negociar coa Xunta, concluíuse que podíase construir un aparcamento soterrado en Rosalía con "aproximadademente a metade" de tamaño, sen afectar aos vestixios, que seguirá contando con 70 prazas reservadas para residentes. O alcalde mostrouse satisfeito pois era a vontade do Concello a súa construcción.
Humanizacións
O alcalde deu conta asemade das melloras validadas hoxe luns polo goberno local nas humanizacións de Estrada, Marín, Sagunto, Baiona e Redondela; con "custo cero" para o Concello e que suporá "máis verde e embelecemento" nas devanditas rúas.
Adxudicouse ademais, segundo indiocou o alcalde, a humanización de Vilagarcía de Arousa, por valor de 750.000 euros, e que empregará a 18 persoas -sete procedentes do INEM- durante seis meses de duración do proxecto.
Con Vilagarcía, o Concello arranca coa cuarta fase da Travesía, Regueiro e Tarragona, a primeira fase de Portanet, Paulino Freire, Simón Bolívar, Extremadura, Cristo e a segunda fase de Eugenio Kraff. Estas rúas, sumadas ás conveniadas coa Xunta de Gregorio Fernández e Manuel Álvarez, supón un investimento en melloras de rúas de 13,5 millóns de euros en novas adxudicacións de finais de 2009. É "unha oleada de humanizacións tan masiva como as anteriores".
Máis bancos
O alcalde salientou que o goberno aprobou un proceso de licitación para instalar 300 bancos máis, debido á "inmensa demanda" dos mesmos. E o alcalde xa avanzou que, de cara ao próximo ano, os orzamentos de 2010 contemplan uns 2.000 bancos máis.
Descargar todas as imaxes