Escoitar

O alcalde solicita do porto a reforma das Avenidas, o parque de bombeiros, os plans director e de usos e o plan Nouvel

Abel Caballero recibiu este luns á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, a quen solicitoulle o arranxo do paseo para que quede habilitado para os vehículos pesados que por alí circulan, o parque de bombeiros -para o que a titular do Porto foi "receptiva"- e os plans director de infraestruturas e o de utilización de espazos portuarios. Ademais, o alcalde reclamoulle a construcción do Plan Nouvel, que é "viable".

luns, 5 out 2009
1254748496puerto.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, solicitoulle este luns á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, a reforma do paseo das Avenidas, a instalación do parque de bombeiros en terreos portuarios e os plans director e de usos do Porto de Vigo.

Tras unha reunión "cordial" na Alcaldía, Abel Caballero salientou que as Avenidas están "pulverizadas" polo aumento "exponencial" de vehículos pesados que transitan, polo que precisa dunha reforma. O alcalde indicou que por alí circula un transporte pesado "cada dous días", polo que solicita do Porto que a reforma adapte o paseo aos vehículos de 120 toneladas. O alcalde mostrou a Porro a "cooperación absoluta" do Concello neste asunto.

No tocante ao parque de bombeiros, o rexedor municipal sinalou que o acordo estaba "moi avanzado" coa anterior Presidencia da Autoridade Portuaria, polo que a dotación do parque de Balaídos estableceríase en Bouzas, nunha nave construida polo Porto, e o Concello aportaría o "persoal, o custo e o material". Abel Caballero expresou que Porro mostrouse "receptiva" neste asunto. Abel Caballero reclamou asemade á presidenta do Porto o envio á cidade do Plan Director de Infraestruturas e do Plan de Usos Portuarios.

Nouvel
Abel Caballero mostroulle a Corina Porro os datos do estudo de viabilidade do Plan Nouvel que conclúe que "é viable con aportación cero do Porto", segundo indicou o alcalde, incluindo os fondos europeos comprometidos polo Ministro de Fomento.

"Este é un plan maduro e rentable" e "calquera inversor internacional entraría nesta operación con ollos pechados", indicou Abel Caballero. "A cidade daría un paso de xigante" co Plan Nouvel, concluiu.
Descargar todas as imaxes